fotoartegalicia  
 
  CUENTOS Y LEYENDAS 21-11-2024 07:53 (UTC)
   
 


                                                          A MEIGUIÑA

LIMIAR

 

Hai tempo coñecín a unha meiga. Atopeina agochada nun vello libro de literatura galega. É fermosa e moi vella, tan vella coma a nosa lingua. As meigas non viven acubilladas nos montes escuros de Galicia, non, elas viven na nosa fala e nas lendas galegas. Tampouco son bruxas adoradoras do demo coma pensan moitas persoas, elas son trasnos transparentes, curandeiras dos sentimentos  que cada vez que falamos danzan nas verbas máis antigas do reino de Gallaecia. Foron perseguidas nos Séculos Escuros, cando por avatares da historia o idioma  galego estivo magoado. Mais o pobo  sempre amou a súa lingua, sempre amou   aos trasnos que encheron  de historias moitas noites frías ao pé dunha lareira.  A xente da aldea  endexamais  esqueceu  as verbas  herdadas dos seus devanceiros. O Rexurdimento trouxo consigo heroes coma Rosalía de Castro  ou  Eduardo  Pondal, entre outros,  que reavivaron  a literatura galega e deste xeito a meiguiña que me acompaña chegou até os nosos días agochada nese libro. Ela, igual cas súas irmáns, é coñecedora da alma humana; sabe de historias entrañables, de amor,  de soidades.  Eu hoxe teño o pracer de compartir convosco algúns deses relatos  borboriñados  ao oído en longas noites de insomnio. E o seu permiso para contalos

Amadora da Vila



 

 



 

 

 
 
  Bienvenidos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  bien benidos
Les doy la bienvenida a fotoartegalicia. En esta web podreis ver multitud de instantáneas, del fotógrafo aveturero Lucki, tomadas en paseos y viajes en el entorno natural y rural de Galicia.
También podreis acceder a información sobre lahistoria de Galicia.
De la mano de Amadora da Vila viajaremos al mundo fantástico de esta maravillosa tierra. Meiguiñas, mouras y duendes, escondidos en lo más profundo de nuestro territorio, llenarán las historias que Amadora nos contará
. Y el noticiero del mes, resaltará lo más importante de la historia que día a día escribimos en Galicia...

  Volar es nuestra pasion
  fecha
  google encuentra lo que buscas
Directorio Web
Hoy habia 9 visitantes (11 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis